lunes, 21 de septiembre de 2015

EXCURSION

EXCURSIÓN DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS - PROYECTO SILXE.



SILXE desenvolve un primeiro inventario de Lugares de Interes Xeolóxico para os concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira, na provincia de Ourense, como primeiro paso para o desenvolmento de novas oportunidades de crecemento arredor do noso Patrimonio Xeolóxico, foco deinterés para o turismo, a actividade docente e, incluso, para a investigación.

O marco xeolóxico:
Canón do Sil, interesante accidente xeográfico que hace de eixo vertebrador da cultura, economía, paisaxe e infraestruturas da contorna. Os estudos xeolóxicos demostran que esta zona, entre os 500 e 300 millóns de anos, foi un mar someiro que pechouse (300 M.a) debido ao choque de dúas placas continentais para formar o super-continente PANXEA. Hai rochas volcánicas e sedimentarias, que co choque formaron unha gran cordilleira semellante ao Himalaya. A erosión de millóns de anos fai que as rochas que podemos ver correspondan ao núcleo desa cordilleira.
En periodos xeolóxicos máis recentes (70-50 millóns de anos) o río Sil, discorría sobre unha chaira e
comeza a encaixarse hasta formar o profundo canón que hoxe nos asombra coas súas abruptas paredes, a súa vexetación exuberante, e o poder de adaptación da humanidade, que ten convertido as abas Norte en viñedos únicos en Europa.


Convocan: Concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Parada de Sil, e A Teixeira
Data: Martes, 6 de outubro (poderase cambiar a data por meteoroloxía adversa; aviso 48 horas antes)
Lugar se saída e chegada: Concello de Nogueira de Ramuín, Luíntra
Horario da actividade: 10:00 a 17:30
10:00 a 10:10 - Recepción de participantes
10:10 a 10:30 - Breve presentación de resultados en salón proporcionado por el Concello de Nogueira
de Ramuín
10:30 a 10:40 - Subida ao autobús e entrega de material
10:50 “Parque granítico” (Nogueira de Ramuín) – formas erosivas no granito
12:15 Mirador de Cabezoás (Parada de Sil) – o encaixamento do Sil e interpretación xeolóxica
da paisaxe -
13:10 Comida: Casa da Luz
14:20 Mirador de A Teixeira – bacía terciaria -
14:35 Fervenza do Cachón – “Ollo de Sapo” e erosión fluvial
16:15 Virxe do Monte (Esgos) - Explicación de Foliación tectónica e cizalla
17:30 Llegada a Luíntra

A asistencia á excursión será mediante invitación dos concellos.



domingo, 20 de septiembre de 2015

AUGAS SULFUROSAS

AUGAS SULFUROSAS.



Durante a realización do inventario xeolóxico dos catro concellos identificáronse, coa axudas dos pobladores deste territorio, catro fontes de augas sulfurosas, denominadas en xeral augas brancas. Son: as Augas Brancas e un sondaxe na Fábrica da Luz, ambas en Parada de Sil e, as augas de Senxomil e de Chabious na Teixeira.
Trátase de augas frías e blanquecinas (debido a precipitación dos sulfuros) con forte cheiro a ácido sulfhídrico. 
Estas augas vanse analizar grazas á colaboración da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).


XEOCURIOSIDADES

"XEOCURIOSIDADES" DOS CATRO CONCELLOS.



Fora dos Lugares de Interese Xeolóxico marcados na zona e que son o núcleo dos resultados do proxecto Silxe, en cada concello atopamos  outros lugares que, sen a categoría de Lugares de Interese Xeolóxico, chaman a atención por a súa xeoloxía. Denominámolos "Xeocuriosidades".


No concello de Nogueira de Ramuín atopamos 11 xeocuriosidades. Entre elas o miradoiro da Moura, o Penedo de Santa Xusta, as liditas de Viñoás e a macroseta de A Carballeira.
Macro seta de A Carballeira

En Parada de Sil destacamos 9 xeocuriosidades. Entre elas as vistas dende o Monte Meda, o dique de pórfido e granito con granates de Verengo, as Augas Brancas en Calvos e o meandro encaixado do río Mao.
Meandro do río Mao que delimita unha estreita banda de terreo de dirección N170E (o Norte queda á dereita da fotografía)

Na Teixeira 4 puntos: as augas sulfurosas de Chabious e de Senxomil, o contacto ente granito e neis en Pedra do Sol e as marmitas de xigante na contorna da Ponte Romana de Conceliños.
Marmitas de xigante dende a Ponte romana de Conceliños.

En Esgos atopamos 2 xeocuriosidades: o granito con nerviaciones de Fondo da Vila e o dique de Pórfido de Gomariz.
Pórfido granítico de potencia métrica na localidade de Gomariz