lunes, 26 de octubre de 2015

EXCURSIÓN DA AEPECT



O sábado 17 de outubro un grupo de 20 membros da "Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra" (AEPECT) participou nunha excursión titulada "Xeoloxía do Sur do Canón do Sil". Durante a mesma, Eduardo González Clavijo, xeólogo que participou no inventario do proxecto Silxe, mostroulles varios Lugares de Interese Xeolóxico do Canón do Sil e explicou diferentes aspectos da xeoloxía da zona. Visitaron o Parque Granitico da Moura e a cuarcita Armoricana en Nogueira de Ramuín, o miradoiro de Cabezoás e a necrópole de San Vítor en Parada de Sil, o miradoiro da Galeana en A Teixeira e a Virxe do Monte en Esgos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario