A empresa guías
Malouco executará unha nova Geolo-ruta o
vindeiro 6 de novembro neste impresionante canón, situado na fronteira entre os
concellos de Parada de Sil e A Teixeira. O xeólogo que guiará o paseo será
Eduardo González. Para máis información e para rexistrarse podes ver o cartel
anexo.
TEMAS
▼
miércoles, 12 de octubre de 2016
viernes, 30 de septiembre de 2016
Divulgación na prensa das excursions con institutos pola Ribeira Sacra.
As excursions de divulgación xeolóxica para alumnos de
institutos continúan a ser un éxito. Pódese constatar na sua difusión na
prensa.
miércoles, 17 de agosto de 2016
Éxito da ruta organizada polo programa Monumenta no cañón do río Mao.
Como reflexa a prensa, a ruta realizada o luns 15 de agosto polo cañón do río Mao foi un éxito. 50 persoas gozaron dun paseo a través deste cañón e recibiron explicacións sobre a súa xeoloxía e sobre o patrimonio industrial da rexión.
http://www.laregion.es/articulo/verano/visita-parada-sil-amantes-da-xeoloxia/20160817085608642390.html
domingo, 14 de agosto de 2016
O programa Monumenta do Cañón no río Mao
O programa Monumenta (Andar co Arte) da Xunta de Galicia organiza unha excursión o 15 de agosto polo Canle Vella do río Mao ata o albergue da Fábrica da Luz. Durante o paseo, vaise a falar de xeoloxía, xeomorfoloxía, paisaxe, flora, ... Unha actividade máis nunha das paisaxes máis espectaculares da Ribeira Sacra.
viernes, 17 de junio de 2016
Geolo-ruta en San Pedro de Rocas e o Parque Granítico da Moura.
A empresa Guías Malouco organiza no mes de xullo dúas Geolo-rutas guiadas
polo geólogo Eduardo González. Unha realizarase o 17 de xullo, na Serra do
Galiñeiro en Gondomar.
Outra ruta terá como escenario o Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) e o Parque Granítico da Moura preto de Luintra (Nogueira de Ramuín). Será o domingo 31 de xullo de 10:00-13:00 aprox.
Para ambas actividades é necesaria inscrición. Máis información nos carteis adxuntos.
Outra ruta terá como escenario o Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) e o Parque Granítico da Moura preto de Luintra (Nogueira de Ramuín). Será o domingo 31 de xullo de 10:00-13:00 aprox.
Para ambas actividades é necesaria inscrición. Máis información nos carteis adxuntos.
viernes, 13 de mayo de 2016
Xeo-ruta a través do canón do río Mao.
A empresa de turismo activo Guías Malouco organiza o próximo 29 de maio (domingo) unha ruta de divilgación xeolóxica por un dos lugares mais fermosos da Ribeira Sacra, a antiga canle que corre a través do canón do río Mao, entre os concellos de Parada de Sil e a Teixeira. O guía da ruta será Eduardo González, un dos xeólogos que participaron no Proxecto Silxe.
O inicio e o final do percorrido será no albergue da Fábrica da Luz.
O cartel anexo contén toda a información e cómo rexistrarse para participar.
O inicio e o final do percorrido será no albergue da Fábrica da Luz.
O cartel anexo contén toda a información e cómo rexistrarse para participar.
domingo, 1 de mayo de 2016
Excursións de alumnos de institutos por o Canón do Sil
A raíz do proxecto
Silxe, o xeólogo Eduardo González está a guiar paseos cos alumnos de institutos
para que coñezan a xeoloxía do Canón do Sil. Son varios os institutos cuxos
alumnos de bacharelato e dos últimos cursos da E.S.O. xa visitaron algúns dos
lugares de Interese Xeolóxico catalogados no proxecto Silxe, como a contorna do
mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos ou os Balcóns de Madrid, en Parada de
Sil.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.








