domingo, 20 de septiembre de 2015

XEOCURIOSIDADES

"XEOCURIOSIDADES" DOS CATRO CONCELLOS.



Fora dos Lugares de Interese Xeolóxico marcados na zona e que son o núcleo dos resultados do proxecto Silxe, en cada concello atopamos  outros lugares que, sen a categoría de Lugares de Interese Xeolóxico, chaman a atención por a súa xeoloxía. Denominámolos "Xeocuriosidades".


No concello de Nogueira de Ramuín atopamos 11 xeocuriosidades. Entre elas o miradoiro da Moura, o Penedo de Santa Xusta, as liditas de Viñoás e a macroseta de A Carballeira.
Macro seta de A Carballeira

En Parada de Sil destacamos 9 xeocuriosidades. Entre elas as vistas dende o Monte Meda, o dique de pórfido e granito con granates de Verengo, as Augas Brancas en Calvos e o meandro encaixado do río Mao.
Meandro do río Mao que delimita unha estreita banda de terreo de dirección N170E (o Norte queda á dereita da fotografía)

Na Teixeira 4 puntos: as augas sulfurosas de Chabious e de Senxomil, o contacto ente granito e neis en Pedra do Sol e as marmitas de xigante na contorna da Ponte Romana de Conceliños.
Marmitas de xigante dende a Ponte romana de Conceliños.

En Esgos atopamos 2 xeocuriosidades: o granito con nerviaciones de Fondo da Vila e o dique de Pórfido de Gomariz.
Pórfido granítico de potencia métrica na localidade de Gomariz

jueves, 20 de agosto de 2015

LUGARES DESTACADOS



Lugares destacados dos estudados en cada concello.

Nogueira de Ramuín
Nese concello, queremos destacar o que chamamos (segundo os criterios da Concellería de Turismo de Nogueira) o Parque Granítico da Moura. Unha ruta agradable de 3,5 quilómetros observando formas de granito espectaculares e non menos fermosas vistas sobre o Canón do río Sil.







Parada de Sil
En Parada destacar a pasarela de madeira que  segue ao río Mao, despois do albergue da Fábrica da Luz. É parte da pista de sendeirismo PR-G-177, e desde esta  pode observarse o Canón do río Mao, formas erosivas fluviais no río e a petroloxía da área, que é moi interesante para observar.







A Teixeira
Nese consello seleccionamos como Lugar de Interese Xeolóxico a ruta da Fervenza do Cachón, no río Vaos. Nesta ruta obsérvase a petroloxía da área, así como abundantes marmitas de xigante e outras estruturas na roca.









Esgos
En Esgos foi seleccionada unha curiosidade petrolóxica de gran beleza nun ambiente moi especial. Boudines de cuarzo nas pizarras da Capa dos Montes, na zona da Virxe do Monte.