A empresa de turismo activo Guías Malouco organiza o próximo 29 de maio (domingo) unha ruta de divilgación xeolóxica por un dos lugares mais fermosos da Ribeira Sacra, a antiga canle que corre a través do canón do río Mao, entre os concellos de Parada de Sil e a Teixeira. O guía da ruta será Eduardo González, un dos xeólogos que participaron no Proxecto Silxe.
O inicio e o final do percorrido será no albergue da Fábrica da Luz.
O cartel anexo contén toda a información e cómo rexistrarse para participar.
viernes, 13 de mayo de 2016
domingo, 1 de mayo de 2016
Excursións de alumnos de institutos por o Canón do Sil
A raíz do proxecto
Silxe, o xeólogo Eduardo González está a guiar paseos cos alumnos de institutos
para que coñezan a xeoloxía do Canón do Sil. Son varios os institutos cuxos
alumnos de bacharelato e dos últimos cursos da E.S.O. xa visitaron algúns dos
lugares de Interese Xeolóxico catalogados no proxecto Silxe, como a contorna do
mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos ou os Balcóns de Madrid, en Parada de
Sil.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)