"XEOCURIOSIDADES" DOS CATRO CONCELLOS.
Fora dos Lugares
de Interese Xeolóxico marcados na zona e que son o núcleo dos resultados do
proxecto Silxe, en cada concello atopamos
outros lugares que, sen a categoría de Lugares de Interese Xeolóxico,
chaman a atención por a súa xeoloxía. Denominámolos "Xeocuriosidades".
No concello de
Nogueira de Ramuín atopamos 11 xeocuriosidades. Entre elas o miradoiro da
Moura, o Penedo de Santa Xusta, as liditas de Viñoás e a macroseta de A Carballeira.
Macro seta de A Carballeira
En Parada de Sil
destacamos 9 xeocuriosidades. Entre elas as vistas dende o Monte Meda, o dique de pórfido e granito con granates de Verengo, as Augas Brancas en Calvos e o meandro encaixado
do río Mao.
Meandro do río Mao que delimita unha estreita banda de terreo de dirección N170E (o Norte queda á dereita da fotografía)
Na Teixeira 4
puntos: as augas sulfurosas de Chabious e de Senxomil, o contacto ente granito
e neis en Pedra do Sol e as marmitas de xigante na contorna da Ponte Romana de Conceliños.
Marmitas de xigante dende a Ponte romana de Conceliños.
En Esgos atopamos 2 xeocuriosidades: o granito con nerviaciones de Fondo da Vila e o dique de
Pórfido de Gomariz.
Pórfido granítico de potencia métrica na localidade de Gomariz
No hay comentarios:
Publicar un comentario