O sábado 17 de outubro un grupo de 20 membros da "Asociación Española Para la
Enseñanza de las Ciencias de la
Tierra" (AEPECT) participou
nunha excursión titulada
"Xeoloxía do Sur do Canón do
Sil". Durante a mesma, Eduardo
González Clavijo, xeólogo que participou no
inventario do proxecto Silxe,
mostroulles varios Lugares de Interese
Xeolóxico do Canón do Sil e explicou
diferentes aspectos da xeoloxía da
zona. Visitaron o Parque Granitico da Moura e a cuarcita Armoricana en Nogueira de
Ramuín, o miradoiro de Cabezoás e a necrópole de
San Vítor en
Parada de Sil, o miradoiro
da Galeana en A Teixeira e a Virxe do Monte
en Esgos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario