A empresa de turismo activo Guías Malouco organiza o próximo 29 de maio (domingo) unha ruta de divilgación xeolóxica por un dos lugares mais fermosos da Ribeira Sacra, a antiga canle que corre a través do canón do río Mao, entre os concellos de Parada de Sil e a Teixeira. O guía da ruta será Eduardo González, un dos xeólogos que participaron no Proxecto Silxe.
O inicio e o final do percorrido será no albergue da Fábrica da Luz.
O cartel anexo contén toda a información e cómo rexistrarse para participar.
viernes, 13 de mayo de 2016
domingo, 1 de mayo de 2016
Excursións de alumnos de institutos por o Canón do Sil
A raíz do proxecto
Silxe, o xeólogo Eduardo González está a guiar paseos cos alumnos de institutos
para que coñezan a xeoloxía do Canón do Sil. Son varios os institutos cuxos
alumnos de bacharelato e dos últimos cursos da E.S.O. xa visitaron algúns dos
lugares de Interese Xeolóxico catalogados no proxecto Silxe, como a contorna do
mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos ou os Balcóns de Madrid, en Parada de
Sil.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.
Estes paseos continuarán durante o próximo outono.
lunes, 11 de enero de 2016
MINICENTRO DE VISITANTES EN PARADA DE SIL
PARADA DE SIL CONTA CUN MINICENTRO DE VISITANTES EN SANTA CRISTINA
Destacar unha iniciativa na que se aproveitan de xeito intelixente os recursos existentes na zona.
Destacar unha iniciativa na que se aproveitan de xeito intelixente os recursos existentes na zona.
lunes, 26 de octubre de 2015
EXCURSIÓN DA AEPECT
O sábado 17 de outubro un grupo de 20 membros da "Asociación Española Para la
Enseñanza de las Ciencias de la
Tierra" (AEPECT) participou
nunha excursión titulada
"Xeoloxía do Sur do Canón do
Sil". Durante a mesma, Eduardo
González Clavijo, xeólogo que participou no
inventario do proxecto Silxe,
mostroulles varios Lugares de Interese
Xeolóxico do Canón do Sil e explicou
diferentes aspectos da xeoloxía da
zona. Visitaron o Parque Granitico da Moura e a cuarcita Armoricana en Nogueira de
Ramuín, o miradoiro de Cabezoás e a necrópole de
San Vítor en
Parada de Sil, o miradoiro
da Galeana en A Teixeira e a Virxe do Monte
en Esgos.
viernes, 23 de octubre de 2015
EXCURSIÓN 06/10/15
O pasado 6 de outubro de 2015, achegáronse a coñecer 5 dos LIG
indentificados no proxecto SILXE, un grupo de 23 persoas da zona
(axentes municipais, expertos en turismo, titulares de establecementos de turismo, alcaldes).
A pesares do mal tempo co que comenzou a actividade, e a néboa que impidió realizar a parada programada no mirador de Cabezoás, no resto das paradas previstas, Eduardo González, xeólogo que ten levado o peso dos traballos de campo do proxecto, ten facilitado a interpretación do patrimonio xeolóxico da zona, achegando os coñecementos de xeoloxía a este grupo de persoas que amosaron o máximo intereres.
A pesares do mal tempo co que comenzou a actividade, e a néboa que impidió realizar a parada programada no mirador de Cabezoás, no resto das paradas previstas, Eduardo González, xeólogo que ten levado o peso dos traballos de campo do proxecto, ten facilitado a interpretación do patrimonio xeolóxico da zona, achegando os coñecementos de xeoloxía a este grupo de persoas que amosaron o máximo intereres.
ROLDA DE PRENSA
O pasado 5 de outubro celebrouse unha rolda de prensa na que se presentaron os resultados do proxecto SILXE. Algunas das noticias recollidas na prensa pódense ler accedendo aos seguintes enlaces:
LA REGIÓN, 5/10/15
DEPUTACIÓN DE OURENSE, 5/10/15
ABC, 5/10/15
FARO DE VIGO, 6/10/15
OURENSE DIGITAL, 5/10/15
LA VOZ DE GALICIA, 5/10/15
LA REGIÓN, 5/10/15
DEPUTACIÓN DE OURENSE, 5/10/15
ABC, 5/10/15
FARO DE VIGO, 6/10/15
OURENSE DIGITAL, 5/10/15
LA VOZ DE GALICIA, 5/10/15
lunes, 21 de septiembre de 2015
EXCURSION
EXCURSIÓN DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS - PROYECTO SILXE.
SILXE desenvolve un primeiro inventario de Lugares de
Interes Xeolóxico para os concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira, na
provincia de Ourense, como primeiro paso para o desenvolmento de novas oportunidades de crecemento
arredor do noso Patrimonio Xeolóxico, foco deinterés para o turismo, a actividade docente e, incluso,
para a investigación.
O marco xeolóxico:
Canón do Sil, interesante accidente xeográfico que hace
de eixo vertebrador da cultura, economía, paisaxe e infraestruturas da contorna. Os estudos xeolóxicos
demostran que esta zona, entre os 500 e 300 millóns de anos, foi un mar someiro
que pechouse (300 M.a) debido ao choque de dúas placas continentais para formar
o super-continente PANXEA. Hai rochas volcánicas e sedimentarias, que co
choque formaron unha gran cordilleira semellante ao Himalaya. A erosión de
millóns de anos fai que as rochas que podemos ver correspondan ao núcleo desa
cordilleira.
En periodos xeolóxicos máis recentes (70-50 millóns de
anos) o río Sil, discorría sobre unha chaira e
comeza a encaixarse hasta formar o profundo canón que
hoxe nos asombra coas súas abruptas paredes, a súa vexetación exuberante, e o poder de adaptación da
humanidade, que ten convertido as abas Norte en viñedos únicos en Europa.
Convocan: Concellos de Nogueira de Ramuín,
Esgos, Parada de Sil, e A Teixeira
Data: Martes, 6 de outubro (poderase cambiar a data por
meteoroloxía adversa; aviso 48 horas antes)
Lugar se saída e chegada: Concello de
Nogueira de Ramuín, Luíntra
Horario da actividade: 10:00 a 17:30
10:00 a 10:10 - Recepción de participantes10:10 a 10:30 - Breve presentación de resultados en salón proporcionado por el Concello de Nogueira
de Ramuín
10:30 a 10:40 - Subida ao autobús e entrega de material
10:50 “Parque granítico” (Nogueira de Ramuín) – formas erosivas no granito
12:15 Mirador de Cabezoás (Parada de Sil) – o encaixamento do Sil e interpretación xeolóxica
da paisaxe -
13:10 Comida: Casa da Luz
14:20 Mirador de A Teixeira – bacía terciaria -
14:35 Fervenza do Cachón – “Ollo de Sapo” e erosión fluvial
16:15 Virxe do Monte (Esgos) - Explicación de Foliación tectónica e cizalla
17:30 Llegada a Luíntra
A asistencia á excursión será mediante invitación dos concellos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


