jueves, 20 de agosto de 2015

O INVENTARIO



Finalizado o inventario dos Lugares de Interese Xeolóxico dos catro concellos.

O 17 de agosto completouse o inventario dos Lugares de Interese Xeolóxico da área de estudo do proxecto Silxe .
No concello de Nogueira de Ramuín 72 lugares foron estudados, no concello de Parada de Sil foron estudados 42 lugares, no concello de Teixeira 41 lugares e no de Esgos 24 lugares.
A continuación, iniciouse o proceso de selección dos lugares para ser considerados Lugares de Interese Xeolóxico, aplicando a metodoloxía da Área de Investigación sobre o Patrimonio Xeolóxico e Mineiro do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME: http://www.igme.es/patrimonio/default.htm). Nun primeiro filtro foron seleccionados 4 lugares en Nogueira de Ramuín, 4 lugares en Parada de Sil, 3 lugares na Teixeira e 3 lugares en Esgos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario