domingo, 20 de septiembre de 2015

XEOCURIOSIDADES

"XEOCURIOSIDADES" DOS CATRO CONCELLOS.



Fora dos Lugares de Interese Xeolóxico marcados na zona e que son o núcleo dos resultados do proxecto Silxe, en cada concello atopamos  outros lugares que, sen a categoría de Lugares de Interese Xeolóxico, chaman a atención por a súa xeoloxía. Denominámolos "Xeocuriosidades".


No concello de Nogueira de Ramuín atopamos 11 xeocuriosidades. Entre elas o miradoiro da Moura, o Penedo de Santa Xusta, as liditas de Viñoás e a macroseta de A Carballeira.
Macro seta de A Carballeira

En Parada de Sil destacamos 9 xeocuriosidades. Entre elas as vistas dende o Monte Meda, o dique de pórfido e granito con granates de Verengo, as Augas Brancas en Calvos e o meandro encaixado do río Mao.
Meandro do río Mao que delimita unha estreita banda de terreo de dirección N170E (o Norte queda á dereita da fotografía)

Na Teixeira 4 puntos: as augas sulfurosas de Chabious e de Senxomil, o contacto ente granito e neis en Pedra do Sol e as marmitas de xigante na contorna da Ponte Romana de Conceliños.
Marmitas de xigante dende a Ponte romana de Conceliños.

En Esgos atopamos 2 xeocuriosidades: o granito con nerviaciones de Fondo da Vila e o dique de Pórfido de Gomariz.
Pórfido granítico de potencia métrica na localidade de Gomariz

No hay comentarios:

Publicar un comentario